Thursday, September 15, 2011

Galiza A reforma da Constitución... Un artigo para correvermello. A reforma da Constitución e a ditadura do proletariado

.


M. Alonso para correovermello.


Os órgaos lexislativos do Estado español, a iniciativa do goberno Zapatero, aprobaron por unha ampla maioria dos seus diputados e senadores unha modificación do a Constitución que prima o pago da déveda e o controlo do gasto publico. Reforma ou "Regula de Ouro" ditada polas poténcias do euro, Francia e Alemania, para todos os seus sócios en meia da "pertinaz" crise dos mercados finacieiros.


O debate desde as forzas da oposición, dentro do sistema, da esquerda de IU á direita nacionalista de CiU, foi planteado en termos da ruptura do consenso da restauración borbónica (imposta por Franco, convén lembrar). De imposición do modelo neo-liberal e un grave precedinte que requere un Referendo para a sua lexitimación polo electorado.


Realmente semella espantoso que desde esa chamada oposición responsábel, como IU ou o BNG, non se repare antes de converter a presente Constitución burguesa nun "paradigma democrático", que vivemos baixo a ditadura da burguesía e a sua sistema económica de explotación, inscrito nun proxecto imperialista europeo.


Non Sr Llamazares ou Sr. Jorqueira !, non están a defender o Socialismo ou a ditadura democrática do proletariado, nen o direito de Autodeterminación dos Pobos pois non están recollidos nesta constitución, que lembremos foi rexeitada amplamente por exemplo en Euskadi, no referendo que a aprobou.


Estes brindis ao sol teñen Sres. un cheiro de oportunismo electoralista, de mensaxe;


Votade-me a min que eu o resolverei.


Cando hoxe mais que nunca, vostédes non poden facer nada, aun defendendo o seu honradez, porque a maioria do sistema, corrupto e cruel, non mudase por decisións éticas ou "discursos" de xustiza social.


Hoxe só, fica, como camiño consecuente, o troco do sistema por meio dunha Revolución Socialista, que esmague aos especuladores e explotadores. Que devolva a liberdade ás masas populares, ás nazóns esmagadas e que proclame unha Constitución Socialista, de Ditadura do Proletariado.


¡Abonda xa de trafegar co sofremento dos traballadores e traballadoras!

No comments:

Post a Comment